jueves, 17 de mayo de 2012

O rock do pais, o Bravú

O bravú é un movemento cultural centrado na música que xurde en Galicia a principios dos anos 90 do século XX. 
O Bravú centrabase en mezclar feitos modernos coas nosas tradicións galegas. Os músicos estaban moi comprometidos coa lingua galega e co país, de feito as súas letras acostuman a ter os símbolos característicos da lingua galega falada como a gheada e o seseo.
As súas letras tiñan intención políticas, de contar os seus sentimentos e reivindicar a súa terra, pero sempre o facian dende un certo ton comico e humoristico.
Os músicos do Bravú intentaron ter un papel na historia da música, co fin de que en Galicia non só se escoitase música castelá, americana ou inglesa.
Durante os anos 90 houbo unha abundante cantidade de grupos de este estilo de rock, entre eles destacan: Ruxe Ruxe, Os Resentidos, Os Diplomáticos de Monte-Alto, Papaqueixos, Rastreros, Xenreira, Os Skornabois, Os rastreros, Os impresentables, Túzaros, La Polla records e os reaparecidos Heredeiros da Crus entre outro moitos.


Estes grupos xunto con escritores, pintores e demais astistas daquela época que estaban comprometidos con o Bravú tiveron como medio de difusión dos seus ideais e as súas reivindicación a revista "Bravu" que contaba cun número moi reducido de páxinas, ta só 16


Pero sen dúbida o medio de difusión máis importante do Bravú foi o Xabarin Club, no que sairon a maioría dos grupos bravús.


Neste movemento tivo unha especial importancia o concerto celebrado en Chantada no 94 na 2º edición do "Castañazo Rock". Aquel concerto foi, como quen di, unha festa entre amigos que tiñan grupos, pero o increible é que moitos destos grupos non sabían da existencia doutros e que este movemento foise creando en moitos lugares de Galicia a vez.
Na actualidade este "festival" de música vai pola súa 9º edición.






A compòsición destes grupo ia dende as guitarras eléctricas, pasando pola gaitas ou cellos e chegando os acordeóns. O sonido do conxunto adoitaba ser enxebre e pouco coidado; os medios económicos eran baixos e os intrumento musicais barateiros.


Este rock podería definirse dende o meu punto de vista  como un "Rock made in Galiza". Na actualidade a realidade deste movemento é clara, está morto,ou inconsciente polo menos, xa que só quedan dous grupos en activo (Ruxe Ruxe e Heredeiros da Crus)


Para rematar que mellor que un pouco de música!











No hay comentarios:

Publicar un comentario