miércoles, 25 de enero de 2012

A base da economía medieval: A Agricultura

Se nos damos conta, as tecnicas agricolas non progresaron moito dende o medievo ata ós nosos dias, é certo que agora temos tractores que nos fan o traballo do calabo con o arado e sembradoras eléctricas e demais pero realmente moita xente do campo segue a utilizar os métodos tradicionais.

Na actualidade, en Galicia a principal actividade económica xa non é a agricultura, pero ainda asi, moita xente que ten unha leira a utiliza para plantar as suas patacas, tomates, repolos... etc
Pero para a xente da Idade Media a agricultura o era todo, xa que sen ela, as familias non terian que comer e non terias posibilidade de pagarlle os diezmos ós nobres. Por iso, co fin de aumentar a productividade no campo, nesta época introduxéronse innovacións como os arados pesados, a rotación trienal: que consiste na partición da terra en tres na que cultivas un cereal de inverno durante o primeiro ano, durante o segundo ano, un cereal de primaveira, e o final un ano de barbeito (tempo no que o terreo queda sen cultivar).

É lóxico pensar que na Galicia daquela época ademais da agricultura, tiña un importante papel a recolección das castañas, supliendo ás patacas, xa que daquela ainda non fora descuberta América.

martes, 24 de enero de 2012

Age of Empires en Galicia

Recentemente fixen un escenario persoalizado neste "mitico" xogo de batalla que aseméllase á xeográfia de Galicia e un pouco a historia da idade media, ainda que tampouco é gran cosa; se queredes o escenario podedes contactar conmigo en ------(comentade no post) e volo paso é xa vos explico hai como tendes que facer para que poidades disfrutalo, é moi facil! Un abrazo!



lunes, 9 de enero de 2012

Os suevos, asesinos?

Os Suevos, chegaron ó noso pais no ano 409, é inicialmente adicaronse o robo para poder sobrevivir.... Pero fixeron isto os 147anos que estiveron aqui?



Pois ben, a resposta en non, a verdade e que os suevos deberon ser recibidos con receo, pero grazas ó pacto "Foedus", e en este pacto acordábase que agora xa non eran uns "inmigrantes sen papeles" é dicir eran recoñecidos como habitantes de Gallaecia. Isto foi un acontecemento que pouco a pouco comenzou a gustar mais ós nosos antecesores, ós galáico-romanos, xa que a difereza do réxime romano, os suevos eran mais permisimos. Os habitantes de Gallaecia antes da chegada dos suevos estaban atados á terra é o seu patrón, e tiñan que pagar uns enormes tributos a Roma. Moitos destes galaico-romanos preferian estar baixo o dominio suevo e ser algo mais pobres pero vivir el liberdade que ter que aguantar as reprimendas dos romanos, como di Paulo Oriso: "os galaio romanos prefiren a liberdade dentro da pobreza que a agobiante preocupación de pagar os tributos a Roma". 



Ademais disto os suevos (reinado de Requiario) acuñaron pro primeira vez en Europa unha modeda  con o seu nome posto na leyenda da moeda. Esta moeda chámase Silicua. Era unha moeda feita de prata









En definitiva, os suevos, supoño que non serian tan mala xente como din, é certo que fixeron moi malas accións, pero tamen as tiveron mellores. Ademais, os romanos tampoco eran uns santos!

sábado, 7 de enero de 2012

As invasións dos Suevos

Os suevos chegaron a Gallaecia no ano 411 d.C, permaneceron na península durante 174 anos, e durante este tempo unha das súas formas de conseguir riqueza era saquear outras cidades. Moitas veces o procedemento era viaxar polas calzadas romanas ata chegar a unha cidade, saqueala no menor tempo posible e despois fuxir rapidamente co botin.

 - No ano 437, con o rei Rechila ó mando dos suevos, estos penetran en Emerita e rouban unha grande cantidade de ouro e tamán de prata.

- No mandato do Rei Requila os suevos saquean Mérida e Sevilla

- No ano 455, invaden a provincia Tarraconense e lévanse a moitos escravos a Gallaecia.


- Pouco despois do ano 456 os Godos penetra nas Hispanias e o rei suevo Rechiario sae na súa busqueda a Astúrica co fin de eliminalos, pero os godos levaban un exército enorme e isto provocou que poco despois de comezar o combate os suevos foron derrotados e moitos deles foron apresados aina que moitos deles conseguiron darse á fuga.