miércoles, 15 de febrero de 2012

Hai tanta diferenza?

Vives na baixa idade media. Existe o comercio, as cidades e por descontado a moeda. Es un noble, porque Deus así o quixo e das gracias porque así sexa. Cada noite tes as mellores ceas, e polo día os teus vasalos danche o diezmo. Necesítanche e non tes reparo en facelo patente día a día. Se algún se retrasa recibe o seu castigo. Tes todo o que desexas, todo o que es capaz de imaxinar acaba sendo teu. Incluso as mulleres, queiran ou non, acaban sendo túas. Non tes reparos e non che importa o estamento ao que pertenzan. É por iso polo que unha das túas diversións favoritas é aparecer na boda dunha daquelas campesiñas que tanto se esforaran en encontrar un marido que aceptase a dote e destrozar aquel momento. Gústache saber do teu poder fronte aos demáis.
O pecado non importa. Cres en Deus, porque grazas a el é polo que gozas dese poder. Pero o pecado non importa porque podes comprar o perdón, e diñeiro non che falta.
Todo te sorrí. Tes diñeiro, mulleres, poder, comida, liberdade e todo o tempo do mundo para gozalo.
Por fin chega un novo día, e vas polas rúas pensando cal será o plan diario. E nun momento ves a moza máis incrible que nunca contemplaras. Sabes que será túa. Primeiro utilizarás os teus encantos e, en caso de que non funcione, cousa pouco probable, non importa, tes o dereito a que sea túa.
E acercaste, sorrís e fálaslle, pero ella vaise, despréciate e ignórate. Non o podes crer, quen se pensa que é? Entón o sorriso desaparece é ordeaslle que vaia contigo, pero ella négase. Non che importa e a forzas, e a levas contigo ao teu fogar e fas o que desexas.
Non todo é tan fácil. A moza non era unha campesiña máis. A moza era a filla dun noble, a filla dalgén moi importante, moito máis ca ti. Pensas que nada pode ir mal aínda así, queres crer niso, pero no fondo sabes que estás equivocado.
Pasan uns días e chega a carta do rei, a túa condena, a venganza do pai, a morte. E entón todos os perdones divinos, todo o diñeiro, todo o poder do que disfrutabas non importa en absoluto porque hai alguén máis importante ca ti que busca o teu fin, e asi como ti sempre conseguías o que querías ese noble conseguirao tamén.



Século XXI, ano 2011, agora es un banqueiro, pero non calquera, es un gran directivo. Pasaron aproximadamente tres anos dende que explotou a crise a nivel mundial, dende que moitos ricos desapareceron da escena e aquelos que vivían ven xa non viven tan ben como quixeran. Máis pobres e máis paro. Menos diñeiro, máis debeda pública. Recortes, recortes e máis recortes.
Hoxe tes unha reunión importante, deixas o banco, pero a indemnización millonaria ninguén cha pode quitar, iso non. Tes poder, ves todas esas persoas esforzándose para superar o día a día, os que invirtiron os seus aforros ou aqueles pobres ignorantes que se confiaron, accederon a créditos que non podían abarcar e levaron un nivel de vida superior o que realmente podía levar. E pensas no viaxe que farás, na nova casa fora do país que compraras e no novo automóvil de luxo, por que non? Logo pensas en cal das túas contas en paraísos fiscais ingresarás o diñeiro, e decides que o repartirás.
Todas esas persoas protestando na calle, loitando por superalo, loitando polo que esperan un futuro mellor, pora evitar que volva suceder aquello do que ti es parte responsable. Sorrís de satisfacción ao saber que aínda que cren ter o poder, non o ten, e por moitas protestas que fagan que segue dominando é aquel que ten diñeiro, aquel que pertence a clase das bancas, nin sequera do goberno, eles tamén son vasalos. Estas de volta na idade media, solo que os demáis non o saben e pensan que xa está superado. E volveste a rir de como se compadecen daqueles que viviron no pasado, cando eles, no fondo, son iguais, solo que agora disfrutan de pequenas liberdades, placebos que lles serven para vivir pensando que o destino está nas súas mans e non nas de Deus.
Entón, un día, polo pronto, unha investigación fiscal, e estas imputado. Que erro cometestes? Non o sabes, pero, pase o que pase, xa non hai pena de morte e ti es o rei. A túa condena pagarannas con diñeiro e no peor dos casos quizás uns escándalos públicos. Pero aínda tes diñeiro e hay moitos lugares no mundo onde comezar de novo. A condena non significa a morte, nin sequera figurada.

Fernándo Gómez, o campesiño.

Ano 967. Fernándo Gómez, campesiño, pobre, pai e marido, vasalo. Como cada mañá, co canto do galo espértase para traballar as terras, esas cosechas polas que terá que dar ao seu señor un porcentaxe que lle deixará sen o necesario para vivir dignamente pero, que campesiño era digno? Deus decidiu que el nacera campesiño e non señor e como bo cristián ten que aceptar o seu designio e cumprir coa función outorgada.
 Levántase e prepárase para un longo día de traballo mentres que a muller encárgase das tareas do fogar e das comidas, do gando e da horta e as nenas a axudan. Unha familia, unha familia á que non pode alimentar, unha familia que representa máis unha carga que outra cousa. Carga sobretodo porque non ten fillos, e as fillas so supón unha preocupación máis e, se quere librarse delas, a dote é fundamental. Pero que dote? É pobre, e pobre seguira sindo.
Mañá tras mañá Fernando pensa nisto, e vai a traballar.
No campo, minuto tras minuto, hora tras hora, traballa. Traballa para obter unhas pésimas cosechas polo desatinado tempo. Así pasa Fernando os días, as semás e os anos.
Unha mañana calquera, levántase e a muller está aínda na cama. Odiaa, que se cree que é? El tamén esta farto de día tras día deslombarse para mantela a ella e ás fillas. Entón dase conta de que tampouco ás fillas prepararan nada, seguen sen levantarse, por riba de que non para de preocuparse pola súa dote para conseguir casalas e manter o honor da familia! Por riba de que todo o que fai faino por elas! E ningunha preparáralle nin sequera algo que comer antes de ir ao martirio do traballo. Váise, váise desexándolles o peor a cada unha daquelas desagradecidas.
E outra vez no campo traballa toda a mañá e tarde para non obter nada. Para chegar a casa durmir e volver levantarse para traballar o campo. E con eses pensamentos, con cada movemento que fai, con cada tirón muscular debido ao esforzo, con cada gota de súor que resbala polo seu corpo, acumula o enfado iniciado co día.
Chega a noite e con ela a fin da xornada. E con ese enfado acumulado Fernándo chega á casa onde espera un prato que o amanse. Pero non hai ninguén que o reciba. Non hai ningún prato que o calme. Vai o dormitorio desboucado e encontra á muller durmindo. Durmido! Mentres el traballaba. E o enfado vai a peor, porque sabe que as fillas tamén están durmindo. Nise instante decide que se o seu traballo non recibirá recompensa nin sequera na propia casa cobraráo el mesmo. Entón busca o acumulado para a dote das fillas e opta por cear fora e, xa que a muller dorme, buscará xunto coa cena otra muller que o satisfaga.
Vaise vaise e encontra o primeiro sitio onde cear e conseguir aquilo que busca tan desenfreadamente, empuxado polo enfado e a ira que contaminan cada idea que se lle pasa pola cabeza.
E bebe. Come, bebe e disfruta. Peca.
Pasa a noite fora e despois non volve pola casa. Non quere afrontar o que fixo, a desgraza que causará na casa ao dicir que as dotes convertéronse en vicio. Tampouco quere chegar, ver que aínda están na cama, ver todo desatendido e volver a traballar coa ira do día anterior.
E repítese o esquema de día tras día traballando. Volve a casa. Arrepentido e a vez non tanto. Non rexeita haber disfrutado unha noite da súa vida xa predestinada polo Señor.
Unha vez entra encontráas nas camas, pero xa non lle importa, e como aínda quedálle parte das dotes volve a disfrutar da noite e dos praceres que únicamente os señores coñecen. Entón pensa e da gracias por ter unha familia tan desagradecida que lle permita disfrutar asi sen rexeitamentos. Todo o sufrimento acumulado escapa nesas noites.
Pero unha vez sereno na mañá, onde tanto tempo traballando tamén da moito tempo no que cavilar, decátase que non é normal o comportamento na súa casa. Que a muller e as fillas sempre responderan ás súas obrigas e demandas. E daquela o arrepentimento aparece más forte do que nunca aparecera na vida de Fernando. E segue traballando, máis duro que nunca, máis horas e máis constantemente do que o fixera na vida, tentando redimirse.
Entón non quere voltar á casa, pero sabe que así ten que ser. E regresa, pensando unha e outra vez en porque non se decatara da anormalidade do comportamento e non se preocupara por ellas. Pero sabía a resposta, necesitaba unha excusa para non facer o que debía, para deixalo todo e disfrutar unhas horas.
Con esa idea na cabeza chega a casa e abre a porta. Decide acurdir a ver a súa muller primeiro e acércase. Entón atópase cun corpo branco e frío, coa morte. E nesa noite atópase dúas veces máis ao acercarse ás súas fillas. A morte con nome de peste. A morte presente en todas partes e que el non quixera vez.
Entón xa non as odia a ellas. Odiase a si mesmo por comportarse así cando no foro interno sabíao de primeira man. Cando sabía que a morte acechaba en cada recuncho do lugar que habitaban. E pensa en morrer, en quitarse a vida. Entón tamén dase conta que non pode facelo, é a ofensa máis grande a Deus, quitarse a vida que el lle outorgou. Intentar ter o control da vida propia era impensable.
Daquela decide tumbarse xunto á peste, tumbarse xunto a ella e esperar que o atrape tamén aínda que polos pecados cometidos teña que pasar polo purgatorio. E pasan os días, e Fernando segue sen morrer, segue esperando. E así seguira, porque ese non e o camiño que Deus lle ten preparado.

Codex Callistinus

Fálase moito na actualidade sobre o Códice Calixtino, xa que foi roubado da Catedral de Santiago o 6 de Xullo do ano pasado, esté roubo está claro que non se fixo con un fin de venda no mercado negro xa que sería detectado se non, que mais ben, foi realizado para un coleccionista particular. Moitos diarios galegos e nacionais facíanse eco desta noticia e poñian titulares de tipo: "O Robo del Siglo" ou "Conmoción tras el robo del Códice Calixtino".


Pois ben este documento tiña un importante valor histórico. Foi escrito entro o ano 1130 e 1160, por tanto da Idade Media, que é o tema que nos abarca agora. Este códice era unha guía do peregriño Santiagués distibuido en cinco libos e que conteñen: sermóns, cantos, milagres,ilustracións e incluso chega a narrar a historia de Carlomagno.

martes, 14 de febrero de 2012

A comida galega na Idade Meia

Moitas veces pensamos, que ó haber pasado tantos anos entre a Idade Media e os nosos tempos as nosas tradicións, cultura, gastronomia...etc cambiaron moito; pero, no tocante á gastronomía, polo menos non é asi.


Na actualidade encántanos ir a unha feria e comernos un bó polvo á feira (de ahi a Festa do Polvo do Carballiño,) con o noso pan de Cea, tomarnos na casa un caldiño de grelos, un cocido ou unha carne ó caldeiro...etc.


No medievo a situación non era moi diferente, de feito era moi similar:


O polvo á feira foi "inventado" polos monxes do Mosterio Cisterciense de Santa María a Real de Oseira, xa que recibian como pago das rendas polvo seco e é loxico pensar, que habendo aceite galego naquela época, utilizasen o propio aceite do país e quizais, en lugar de pimentón usaban outra especie.






Este monsteiro, non só inventou a forma mais popular de elaborar o polvo, ademais, tivo un grande papel na elaboración do pan de Cea, xa que este mosteiro practicou dende sempre a molienda e a panificación.








É salientable tamén o papel da castaña na dieta galega. En Galicia hai abundancia de castaños. Naquela época a pataca ainda non habia chegado, dado que esta chegou de América, e polo tanto o suplemento de hidratos de carbono eran as castañas. Pódense ver construccións con o fin de almacenar as castañas nas Fragas do Eume, preto do mosteiro de Caaveiro. Son unhas construccións e forma circular, por dicilo dalgunha maneira como unha casa castrexa pero mais pequena.


Quizais o alimento Galego que mais destaca é o nabo. O nabo, é unha raiz carnosa, dela sae, primeiramente, a nabiza e despois o grelo, de ahi que sexa fácil intuir que, con moita posibilidade, puidese facerse o caldo. O consumo abusivo de grelos soia causar bocio, unha enfermidae que afecta á glandula da Tiroides e que foi moi frecuente en galicia ata mediados do século XX 


En canto a bebida, o viño xa se facia na epoca dos romanos, destaca o Ribeiro o Alvariño e o Amandi, en miotas ocasións o viño era o pago que facian os campesiños a nobreza e a igrexa polo "aluger" das terras de cultivo, e tamén o facian os provios curas. Este viño na actualidade segue a ser un dos principais manxares a nosa terra.


Podemos deducir, con certeza, que na actualidade a gastronomía galega, a pesar de seren recetas sencillas, seguen a ser duradeiras no tempos e de calidade.

domingo, 12 de febrero de 2012

Os Bufóns

Os bufóns eran uns "humoristas" que xurdiron na antiga Grecia e Roma, e tamén chegaron ata a época do medievo, no que a súa figura gañou moita impotancia, xa que entretiña tanto o rei coma ós nobres despóis das comidas contanto chistes e facendo gracias.


Os bufóns iban vestidos cuns traxes con cascabeis e uns gorros moi característicos, ademais tiñan uns bonecos que soian parecerse ó propio bufón




Moitas veces os bufóns eran persoas con problemas físicos como enanismo, jorobados ou tamén pequenos retrasos...etc.




Os bufóns, ainda duraron mais ca na idade media, de feito Velazquez fixo unha serie, coñecida como "Os Bufóns de Velazquez" na que retratou a moitos. Destaca por exemplo o "Bufón de Calabacillas" ou tamen o "Bufon don Sebastian de Morra", ainda que estes xa non teñen o mismo uniforme que da Idade Media.


Non queda constancia dos búfons galegos da Idade Media pero podemos deducir, dado que a zona de Galicia e o norte de Portugal eran os lugares mais prosperos de toda a peninsula, que en Galicia si houbo bufóns que estiveron ó mando das diferentes familias nobiliarias que tiña a nosa terra.


Deixovos aqui unha escena moi graciosa de Woody Allen na pelicula "Todo lo que usted quiso saber sobre el sexo"