lunes, 23 de abril de 2012

Seguimos como sempre.



Onte vin no períódico "La Voz de Galicia" que a fase inicial da chegada no AVE a Galicia xa leva mais de 11 anos de retraso, isto sería perfectamente comparable os 25 anos que tardou en chegar o tren a Galicia (1873). A verdade é que polo camiño que van ás obras non sería estrano que  se tardasen 25 anos, pero nos nosos tempos é incluso mais denigrante que antes, xa que agora temos moitas mais tecnoloxías para a construcción de pontes e da vía ferrea.


O tren non era o único factor que facía que Galicia estivese mais retrasada que o resto da península. A sociedade galega do século XIX tamén era unha sociedade moi atrasada e supersticiosa; practicamente vivíase como na idade media: case todo o mundo vivía nas vilas e nunhas condicións sanitarías infrahumanas; pero á verdade é que non é necesario irse o século XIX para ver o atraso secular que ten Galicia. Nos anos 80 ainda quedaban pobos e vilas que non tiñan luz eléctrica e, na actualidade o sector primario galego é superior á media nacional; e isto é claro sintoma de atraso.


Na miña opinión, tal vez un pouco de atraso non sexa tan malo... Quizais, se estivésemos mais desenrolados económicamente Galicia convertiríase nunha especie de Benidorm cheo de turistas, con industrias... Quizais o verde dos campos perderíase, as costas deixarían de ter acantilados e pasarían a ter un hotel de luxo de 24 plantas.A verdade é que como estas praias e estos paisaxes non os hay en ningún lado, o que pasa é que os turistas fáltalles o formigón e as discotecas pero sinceramente prefero vivir sen AVE pero con campos verdes e aire puro.

Nacemento das conserveiras

É de sobras sabido que Galicia foi dende sempre unha rexión de pesca, actualmente el 10,7% del PIB galego ven dado pola pesca. Hay que darse conta que en Galicia atópanse as principais empresas conserveiras de España como Pescanova o Calvo, pero... de donde ven esta tradición conserveira?. 

Pois ben, as conserveiras galegas xurdiron xa no século XVII pero no séguinte aumentaron ata ó redor de 3000 persoas. A maior parte desta xente eran mulleres, que igual que no caso da Tabacaleira de A Coruña cobraban menos que os homes. Moitas destas mulleres compaxinaban o traballo na casa e na horta con este traballo "temporal", asi que se podería dicir que eran traballadoras fixas discontinuas.



Unha figura importante na industria conserveira galega do século XIX foi Xosé Ramón Curbera Puig, de orixe catalá pero asentado nas Rias Baixas. Este persoeiro creo unha importante industria conserveira e, ademais, foi un dos fundadores do Banco de Vigo e creou tamén a Cámara de Comercio viguesa. Ademais foi teniente alcalde da cidade de Vigo e foi unha persoa con fortes convicións republicanas


Outra persoa importante nas conserveiras galegas, ainda que xa no seguinte século, foi Valentin Paz Andrade, fundador da compañía Pescanova. Paz Andrade foi tamén un mangífico escritor e, de feito, foi galardonado neste ano 2012 con premio das Letras Galegas.

As Beiras do Charco

12/3/1858
Que tal queridiña? Cheguei xa á Habana, hay moitos galegos, pero a todos fáltannos os fillos e á esposa. Voy ir vivir a unha pensión que ten luz eléctrica e baño, pero ainda así nótaselle a morriña a todo o mundo... Eu cheguei onte e xa desexo volver.
O viaxe foi moi duro é longo e a comida era escasa, ademais o barco iba dando tumbos dun lado pra o outro e era case imposible conciliar o soño.
Mañá empezarei a traballar na construcción dun edificio, espero poder enviar 30 pesetas ó mes!, un besiño Carmiña.
Recordos.


 Pepe.




2/4/1858
Pois nos estamos ben, ainda que carliños enfermou de febres, agora xa está algo mellor pero non deixou de preguntar por ti todos os dias. Os nenos bótante moito de menos igual que eu.
Xa botamos as patacas eu e mais o teu irmán na leira; ó teu pai de que será un bo ano de patacas asi que con as patacas e o diñeiro podremos ir tirando durante o ano.
Espero que te vaia ben no traballo e ten coidado, non quero que te caias dun desos altos andamios.
Besos.


Carmiña.


20/5/1858
Mándoche as 30 pesetas como prometín, o traballo abonda e pagan o xusto pra poder enviar algo á casa. Espero que Carliños esté mellor e que as patacas abonden este ano! Quéroche moito Carmiña e non sabes o que se sufre aquí... De todas formas xa coñocín a algunha xente e xa non estou tan só como cando cheguei. Dalle besos ós nenos, ó meu pai e ó meu irmán.
Saúdos.


 Pepe.


9/6/1858
Ola Pepe, Carlos xa está ben, as 30 pestas viñéronos moi ben, compramos uns zapatos novos e algo de roupa nova para os nenos, e mesmo poidemos ir a afiar todos os coitelos ó ferreiro.
Repítoche que teñas coidado no andamio que sabes que a min iso dame moito medo!.
Besos.


 Carmiña.


6/8/1858
Carmiña... tiñas razón, o andamio era perigoso, cain o mes pasado e rompin unha perna e os médicos din que é posible que non a poda mover de novo... non sei que vou facer para poder mandar diñeiro á casa...
Espero que os medicos se equivoquen e poda volver ó traballo... non lle digas nada os nenos disto.
Un recordo moi forte do teu querido Pepe.


4/9/1858
Ai deus mio Pepe estou moi preocupada... non te tiñas que haber ido para América, agora non temos ningun diñeiro e fun a fabrica de Tabacos a buscar traballo e o conseguín asi que botarei ó dia traballando porque non che pagan por horas, pagan por traballo feito asi que terei que estar moito tempo.
Por favor escribeme rápido e melloráte moito, a verdade e que nada podia sair peor... Quéroche meu Pepe.




30/9/1858
Tranquila Carmiña, ainda non podo camiñar pero os dolores andan a remitir e xa non teño que tomar o medicamento. Ademais encontrei un traballo para darlle o boton dunha máquina pero con este traballo só poderei mandar 10 ou 15 pesetas ó mes, e ben sei que iso non chega pra nada... Sintoo moito Carmiña, eu xa non sei que facer, o dono da pensión chámame "el gallego cojo" e ríese de min, se por min fora, ti ben sabes o que facía pero non podo porque non paguei o ultimo mes e mo perdoou.
Dalle besos a todos, e outro moi fortes para ti, meu amor.
Recordos.


 Pepe.


19/10/1858
Xa comezei a traballar na fábrica, de momento gaño moi pouco porque tardo bastante e liar os cigarros, pero vou collendo practica co paso do tempo. Cómo vai a túa perna?, bueno a peseta que mandes será ben recibida, pero o mais importante e que estés ben.
Ramonciño deixou de ir á escola para coidar os seus irmáns e da horta tamén, terías que ver como traballa, é unha maravilla.
Espero que estés mellor, un bico.


 Carmiña.


13/11/1858
A perna xa non doe pero case non a podo mover, este mes pódoche mandar 10 pesetas, se cadra podeslle comprar un bolo de pan a Ramonciño, como agradecemento por coidar tan ben de todos e polo seu cumpleanos. Estou seguro de que no traballo xa vas mais deprisa e podes gañar algo mais de cartos.
Teño que irme que me chaman pra ó traballo. Un saludo moi forte.


Pepe


4/12/1858
Ola meu Pepe, xa queria aproveitar para che felicitar as Navidades, espero que os nosos deseos cúmpranse. Xa lle comprei o bolo de pan a Ramonciño, lle dixen que era da túa parte e o agradeceu moito, os nenos queren que che diga que te botan moito de menos e que queren que volvas.
Na tabacaleira xa vou mas rápida pero apenas gaño 10 pesetas ó mes. Polo menos finxen algunha amiga pero ainda asi é imposible coñecer a todo o mundo, son 4000 mulleres!.
Me despido con un forte abrazo pra ó meu home.


Carmiña