lunes, 23 de abril de 2012

Seguimos como sempre.



Onte vin no períódico "La Voz de Galicia" que a fase inicial da chegada no AVE a Galicia xa leva mais de 11 anos de retraso, isto sería perfectamente comparable os 25 anos que tardou en chegar o tren a Galicia (1873). A verdade é que polo camiño que van ás obras non sería estrano que  se tardasen 25 anos, pero nos nosos tempos é incluso mais denigrante que antes, xa que agora temos moitas mais tecnoloxías para a construcción de pontes e da vía ferrea.


O tren non era o único factor que facía que Galicia estivese mais retrasada que o resto da península. A sociedade galega do século XIX tamén era unha sociedade moi atrasada e supersticiosa; practicamente vivíase como na idade media: case todo o mundo vivía nas vilas e nunhas condicións sanitarías infrahumanas; pero á verdade é que non é necesario irse o século XIX para ver o atraso secular que ten Galicia. Nos anos 80 ainda quedaban pobos e vilas que non tiñan luz eléctrica e, na actualidade o sector primario galego é superior á media nacional; e isto é claro sintoma de atraso.


Na miña opinión, tal vez un pouco de atraso non sexa tan malo... Quizais, se estivésemos mais desenrolados económicamente Galicia convertiríase nunha especie de Benidorm cheo de turistas, con industrias... Quizais o verde dos campos perderíase, as costas deixarían de ter acantilados e pasarían a ter un hotel de luxo de 24 plantas.A verdade é que como estas praias e estos paisaxes non os hay en ningún lado, o que pasa é que os turistas fáltalles o formigón e as discotecas pero sinceramente prefero vivir sen AVE pero con campos verdes e aire puro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario