miércoles, 15 de febrero de 2012

Hai tanta diferenza?

Vives na baixa idade media. Existe o comercio, as cidades e por descontado a moeda. Es un noble, porque Deus así o quixo e das gracias porque así sexa. Cada noite tes as mellores ceas, e polo día os teus vasalos danche o diezmo. Necesítanche e non tes reparo en facelo patente día a día. Se algún se retrasa recibe o seu castigo. Tes todo o que desexas, todo o que es capaz de imaxinar acaba sendo teu. Incluso as mulleres, queiran ou non, acaban sendo túas. Non tes reparos e non che importa o estamento ao que pertenzan. É por iso polo que unha das túas diversións favoritas é aparecer na boda dunha daquelas campesiñas que tanto se esforaran en encontrar un marido que aceptase a dote e destrozar aquel momento. Gústache saber do teu poder fronte aos demáis.
O pecado non importa. Cres en Deus, porque grazas a el é polo que gozas dese poder. Pero o pecado non importa porque podes comprar o perdón, e diñeiro non che falta.
Todo te sorrí. Tes diñeiro, mulleres, poder, comida, liberdade e todo o tempo do mundo para gozalo.
Por fin chega un novo día, e vas polas rúas pensando cal será o plan diario. E nun momento ves a moza máis incrible que nunca contemplaras. Sabes que será túa. Primeiro utilizarás os teus encantos e, en caso de que non funcione, cousa pouco probable, non importa, tes o dereito a que sea túa.
E acercaste, sorrís e fálaslle, pero ella vaise, despréciate e ignórate. Non o podes crer, quen se pensa que é? Entón o sorriso desaparece é ordeaslle que vaia contigo, pero ella négase. Non che importa e a forzas, e a levas contigo ao teu fogar e fas o que desexas.
Non todo é tan fácil. A moza non era unha campesiña máis. A moza era a filla dun noble, a filla dalgén moi importante, moito máis ca ti. Pensas que nada pode ir mal aínda así, queres crer niso, pero no fondo sabes que estás equivocado.
Pasan uns días e chega a carta do rei, a túa condena, a venganza do pai, a morte. E entón todos os perdones divinos, todo o diñeiro, todo o poder do que disfrutabas non importa en absoluto porque hai alguén máis importante ca ti que busca o teu fin, e asi como ti sempre conseguías o que querías ese noble conseguirao tamén.



Século XXI, ano 2011, agora es un banqueiro, pero non calquera, es un gran directivo. Pasaron aproximadamente tres anos dende que explotou a crise a nivel mundial, dende que moitos ricos desapareceron da escena e aquelos que vivían ven xa non viven tan ben como quixeran. Máis pobres e máis paro. Menos diñeiro, máis debeda pública. Recortes, recortes e máis recortes.
Hoxe tes unha reunión importante, deixas o banco, pero a indemnización millonaria ninguén cha pode quitar, iso non. Tes poder, ves todas esas persoas esforzándose para superar o día a día, os que invirtiron os seus aforros ou aqueles pobres ignorantes que se confiaron, accederon a créditos que non podían abarcar e levaron un nivel de vida superior o que realmente podía levar. E pensas no viaxe que farás, na nova casa fora do país que compraras e no novo automóvil de luxo, por que non? Logo pensas en cal das túas contas en paraísos fiscais ingresarás o diñeiro, e decides que o repartirás.
Todas esas persoas protestando na calle, loitando por superalo, loitando polo que esperan un futuro mellor, pora evitar que volva suceder aquello do que ti es parte responsable. Sorrís de satisfacción ao saber que aínda que cren ter o poder, non o ten, e por moitas protestas que fagan que segue dominando é aquel que ten diñeiro, aquel que pertence a clase das bancas, nin sequera do goberno, eles tamén son vasalos. Estas de volta na idade media, solo que os demáis non o saben e pensan que xa está superado. E volveste a rir de como se compadecen daqueles que viviron no pasado, cando eles, no fondo, son iguais, solo que agora disfrutan de pequenas liberdades, placebos que lles serven para vivir pensando que o destino está nas súas mans e non nas de Deus.
Entón, un día, polo pronto, unha investigación fiscal, e estas imputado. Que erro cometestes? Non o sabes, pero, pase o que pase, xa non hai pena de morte e ti es o rei. A túa condena pagarannas con diñeiro e no peor dos casos quizás uns escándalos públicos. Pero aínda tes diñeiro e hay moitos lugares no mundo onde comezar de novo. A condena non significa a morte, nin sequera figurada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario