martes, 14 de febrero de 2012

A comida galega na Idade Meia

Moitas veces pensamos, que ó haber pasado tantos anos entre a Idade Media e os nosos tempos as nosas tradicións, cultura, gastronomia...etc cambiaron moito; pero, no tocante á gastronomía, polo menos non é asi.


Na actualidade encántanos ir a unha feria e comernos un bó polvo á feira (de ahi a Festa do Polvo do Carballiño,) con o noso pan de Cea, tomarnos na casa un caldiño de grelos, un cocido ou unha carne ó caldeiro...etc.


No medievo a situación non era moi diferente, de feito era moi similar:


O polvo á feira foi "inventado" polos monxes do Mosterio Cisterciense de Santa María a Real de Oseira, xa que recibian como pago das rendas polvo seco e é loxico pensar, que habendo aceite galego naquela época, utilizasen o propio aceite do país e quizais, en lugar de pimentón usaban outra especie.






Este monsteiro, non só inventou a forma mais popular de elaborar o polvo, ademais, tivo un grande papel na elaboración do pan de Cea, xa que este mosteiro practicou dende sempre a molienda e a panificación.








É salientable tamén o papel da castaña na dieta galega. En Galicia hai abundancia de castaños. Naquela época a pataca ainda non habia chegado, dado que esta chegou de América, e polo tanto o suplemento de hidratos de carbono eran as castañas. Pódense ver construccións con o fin de almacenar as castañas nas Fragas do Eume, preto do mosteiro de Caaveiro. Son unhas construccións e forma circular, por dicilo dalgunha maneira como unha casa castrexa pero mais pequena.


Quizais o alimento Galego que mais destaca é o nabo. O nabo, é unha raiz carnosa, dela sae, primeiramente, a nabiza e despois o grelo, de ahi que sexa fácil intuir que, con moita posibilidade, puidese facerse o caldo. O consumo abusivo de grelos soia causar bocio, unha enfermidae que afecta á glandula da Tiroides e que foi moi frecuente en galicia ata mediados do século XX 


En canto a bebida, o viño xa se facia na epoca dos romanos, destaca o Ribeiro o Alvariño e o Amandi, en miotas ocasións o viño era o pago que facian os campesiños a nobreza e a igrexa polo "aluger" das terras de cultivo, e tamén o facian os provios curas. Este viño na actualidade segue a ser un dos principais manxares a nosa terra.


Podemos deducir, con certeza, que na actualidade a gastronomía galega, a pesar de seren recetas sencillas, seguen a ser duradeiras no tempos e de calidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario