martes, 20 de marzo de 2012

Qué son os anos escuros?

Os anos escuros son unha época da historia na que Galicia "desaparece" do mapa. Durante esta época os Reis Católicos chegarón ó poder e a súa forza represora notouse ao instante. Os Reis Católicos, centralizaron o Estado e prohibiron o galego. Non comformes con isto quitaron a toda a nobreza galega e a substituiron por nobreza foránea e, lóxicamente estas persoas viñan falando castelán, en consecuencia de que as persoas que tiñan o poder falasen o castelán o galego pasou a ser unha lingua para as clases baixas e, penso que de está época ven o prexuizo de que os galegos son brutos e bastos, só por falar noutra lingua. Por iso o galego pasou por unha grande crise na que non se conta con literatura no idioma, a pesar que galicia fora o lugar dos intelectuais e un lugar de prestixio en tempos anteriores.
Nesta época as clases só se podian impartir en castelán.
Ademais disto Galicia non contaba con representación nas cortes e, como é lóxico isto impide reivindicar e protestar polo que nos faltaba e perde a autonomia.
Os Reis Católicos, crearon a Inquisición, polo tanto se alguén mostraba algunha protesta ou se "iba da lingua" o camiño que lle quedaba era a forca.

Galicia tiña unha importante plantación de olivos, pero como non era de esperar os Reis Católicos mandaron talalos co fin de beneficiar ás zonas do Sur. Co cal, tamén nos deixaron sen os nosos olivos, que por certo, son dunha variedade única. Na actualidade temos aceite galego como o da marca Abril, pero cabe preguntarse: se non se houbesen talados los olivos Galicia sería unha terra con tradición oliveira? moi probablemente a resposta sexa afirmativa, pero iso é algo que nunca poderemos saber.

 




Con todo, estes non son os únicos problemas que tiña a Galicia daquela época, ademais de iso, Galicia non recibía ningunha prata da que chegaba procedente das colonias Americanas, isto sucedeu porque en Galicia non habia portos. Todo a prata era desembarcada en Sevilla e pasaba por toda a Peninsula.
Non só era a vía mariña a que non estaba comunicada con Galicia. Mentres que toda a península estaba amplamente comunicada de forma radial con Madrid, Galicia so tiña unha via de comunicación que, despois de todo o dito anteriormente non habería que botar moita imaxinación para poder saber como sería o seu estado. Hay que dicir que isto cambiou no S XVIII xa que Ferrol convertíuse nunha das principales ciudades de España debido os seu asteleiros, nos que se destinaba unha gran parte dos fondo estatais para a defensa, e de aquela si que fixeron unha boa comunicación con Madrid por si acaso atacaban Ferrol e ia que ir a rescatala.

Galicia estaba tan separada do mundo que no annus horribilis (1640) houbo moitas revoltas separatistas en Portugal, Cataluña, Pais Vasco, Aragón...etc pero Galicia? Pois ben, en Galicia non pasou nada, os anos foron tan escuros que nin sequera vimos os movementos que habia moi cerca de nós.

Podemos ver pois, que Galicia foi un territorio completamente marxinado de España, que so interesaba para que a peninsula abultase mais. 
Na actualidade a situación galega cambiou pero, algúns dicen de nós que seguemos a ser "Gañáns, Brutos..." e a verdade e que eu penso que unha persoa que non sabe respectar as demais culturas e as marxina polo seu idioma o modo de vida non é que de dicir esas cousas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario