lunes, 19 de marzo de 2012

Caderno de bitácora do Corbett. A viaxe a Ferrol

2/8/1800


Son James Eagle, son inglés e son capitán do navío Corbett. A nosa vida era moi tranquila ata que fai unha semana o contraalmirante John Borlase Warren mandóume un mariñeiro para que me dera a noticia de que o día terceiro de este mismo mes tería que preparar ó meu escuadrón para sair cara as costas no norte de España, concretamente hacia a cidade de Ferrol. Que é un lugar moi peculiar, é un regalo da natureza xa que é unha enorme enseada ideal para refuxiarse dos ataques e das tormentas.
A nosa misión consistirá en atacar a cidade e destruir o asteleiro que se encontra nela, pero non será unha misión facil, a cidade a parte da enseada está protexida por tres castelos que teremos que derribar.



Os meus marines está ultimando os preparatorios do navío; levando as provisión, tendremos que levar comida suficiente para os 250 homes que mañá se embarcarán no buque. Tamén hay que levar madeira e munición suficientes para os 72 cañóns do barco.
Os nervios non se poden disimular, pero con un bo vento do noroeste e un dia con néboa poderémos asediar e conquistar esa cidade.
Mañá embarcaremosnos ás 12 da mañá, esperemos que o viaxe sexa tranquilo e que deus nos axude.



3/8/1800



Hoxe é o dia do embarco, no porto pódense ver 100 barcos dos cales 20 son de guerra e outros 80 de transporte entre todos eles viaxarán 15000 homes preparadas para dar as súas vidas pola súa patria.
O día é despexado e vai unha boa temperatura. Pódese ver ós mariñeiros despedíndose das súas familias, mulleres chorando e nenos con caras pálidas e incrédulas ante tal panorama.



Cando os mariñeiros subiron os buques o xeneral Pulteney deu á orde de partir e as nosas velas despregáronse coma rayos. Pouco a pouco ibanse difuminando as costas inglesas e nos adentrábamos mar a dentro.



4/8/1800



Na primeira noite todo foi ben, tuvimos algun percance xa que o buque Walter rompeu a vela maior e tivemos que axudarlle a reparala.
Hoxe ó dia segue a ser bo pero aquí en mar a dentro vai mais frio que na costa.
Realmente a visión de todos os navios navegando a par é escalofriante, xamais tiña visto algo semellante de feito o noso, un dos mas grandes, parece insignificante no conxunto de todos eles.
Agora marcho ó timón do barco porque temos que virar 15 graos o estribor para enderezar a espedición cara ó obxectivo.



5/8/1800
No dia pasado un buque con un comandante pouco experimentado rozou co noso casco e produxo unha pequena fisura que inundou o almacén das patacas e tivemos que reparalo pero agora as patacas estan inservibles e o contraalmirante John Borlase ordeou que o comandante de ese nave nos dera parte das súas provisións para poder afrontar a viaxe. Agora a fuga xa está reparada e os homes traballaron toda a tarde intentando quitar toda a auga.
Son as 12 da noite e os mariñeiros beben ron e xogan as cartas mentres que falan de mulleres e riense do comandante do barco que nos chocou.
···
10/8/1800
O cansancio da viaxe fai mella na tripulación. Dous dos meus enfermaron por comer patacas podridas e agora non poden facer o seu traballo, esperemos que non morran, non quero perder o diñeiro que me custou contratalos.
Levamos 3 dias indo na primeira liña da flota, o barco de estribor é o Charles Brown unha fermosa Fragata de 4 paos e 42 cañóns da que me fixen amigo do sue comandante chamado como o propio navío, pois este é un dos mais importantes comandantes ingles.
···
13/8/1800
Quédanos 12 largos dias para chegar ó noso destino, pero os nervios acentúanse maís con o paso de cada día.
As naves viaxan todas á par, pero onte unha tivo un percance. Un home resbaluo e tirou unha botella de ron e a súa pipa pola cubierta o que produxo un pequeño incendio que apagaron rápidamente con agua de mar. Ese soldado foi castigado sendo atado un dia enteiro o bauprés.



14/8/1800
A noite pasada houbo unha gran tormenta que fixo algúns dstrozos nalgún barco pero, non houbo que lamentar ningunha morte.
No noso barco rachou a vela mayor pero os homes puxéronlle un parche con unha tela e ahora volvemos a ir á velocidade do raio.
A tormenta amainou esta mañá pero ainda sege a chover, rezaré para que esta noite non volva a haber tormenta, os marines non poderían aguantala, teñen que durmir algo.



···
19/8/1800
A viaxe faise pesada, incluso eu estou canso xa de comer patacas, a miña carne acabouse e so quedan patacas e pan. Dentro de 6 dias chegaremos o noso destino.
O vento amainou estes ultimos días pero debido a tormenta anterior avanzamos rapidamente por iso, seguramente, cheguemos no plazo previsto.



24/8/1800
Hoxe é o ultimo dia de navegación, xa puidemos observar a costa galega o horizonte. A tripulación está calada, nerviosa, xa non se ven as festas e non se escoitan os berros de que noites anteriores eran o baixo continuo da noite.
Agora todos nos planteamos que pasará. Non hai néboa, fai bo dia o vento está cambiando lixeiramente a nodés e vai algo de frío.
Os mariñeiros limpan as súas espedas e trabucos. Mesmo o cociñeiro limpa o seu coitelo por si acaso.



O plan para maña será intentar entrar todos en fila pola Ria e consegui derruir os 3 castellos. O meu barco encargaráse de dirixir a 5 navíos para destruir o castelo de San Felipe. Este é un castelo moy bo defendido según contan outros comandantes que viron os seus planos e, que entre os tres, crean unha barreira case infranqueable. Confiemos na mariña inglesa, esos Ferrolanos non poden ser para tanto.



25/8/1800
Hoxe é o día. O primeiro que fixemos foi cambiar as nosas bandeiras polas francesas co fin de que crésen que éramos aliados e non enimigos.
Despois soltamos todas as velas e nos introducimos pola Ria de Ferrol. O españois pronto se deron conta de que non éramos franceses e a súa ofensiva non tardou en chegar. Tan pronto nos puxemos a tiro dispararon os cañóns dende os 3 castelos e un barco tardou poco en hundirse. O noso casco sufriu danos e 2 horas despois decidimos retroceder e internarnos pola costa norte, en Doniños e San Xurxo.
Unha vez chegamos a Doniños soltamos o ancla e desembarcamos cos botes. Chegamos á praia, e avanzamos polo dous lados dun lago que había pouco despois da praia.
O anoitecer chegamos a un lugar chamado Brion e ali encontramos a resistencia inglesa, pero o xeneral o xeneral Pulteney ordeou que non nos podriamos quedar en Brión xa que era un lugar perigoso para acampar.



26/8/1800
O amencer intentamos tomar Ferrol indo por Valón pero a ofensiva dos españois foi moi dura, non eran tantos homes en número coma nós pero, mandaron escuadróns dende Mugardos, e Xubia.
Tivemos o problema de non coñecer ben o terreno.
Houbo moitas baixas do meu escuadrón, dos 250 homes só quedaban 47, e algúns estaban heridos e non podían continuar.
Finalmente retirámonos os nosas naves as 11 da mañá e as 2 da tarde xa estábamos subindo os botes.
A misión, era dificil, pero con ese número de mariñeiros realmente parecíanos unha tarefa facil, que ó final non resultou ser asi. Íbamosnos rendidos, desmoronados. Eran moitas vidas perdidas, sobre todo do meu barco. Graza a deus en xeneral non morreron tantos, de 15000 volveron 13856 para as súas casas, pero o fracaso era absoluto, non habiamos conseguido nada. Para o único que serviu a expedición foi para gastar diñeiro e vidas humanas.
Teño que tomarme un descanso e pensar se son quen de volver a sair á mar. Os Ferroláns son moito mais valentes e fortes do que pensábamos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario