Mostrando entradas con la etiqueta Galiza. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Galiza. Mostrar todas las entradas

jueves, 17 de mayo de 2012

O rock do pais, o Bravú

O bravú é un movemento cultural centrado na música que xurde en Galicia a principios dos anos 90 do século XX. 
O Bravú centrabase en mezclar feitos modernos coas nosas tradicións galegas. Os músicos estaban moi comprometidos coa lingua galega e co país, de feito as súas letras acostuman a ter os símbolos característicos da lingua galega falada como a gheada e o seseo.
As súas letras tiñan intención políticas, de contar os seus sentimentos e reivindicar a súa terra, pero sempre o facian dende un certo ton comico e humoristico.
Os músicos do Bravú intentaron ter un papel na historia da música, co fin de que en Galicia non só se escoitase música castelá, americana ou inglesa.
Durante os anos 90 houbo unha abundante cantidade de grupos de este estilo de rock, entre eles destacan: Ruxe Ruxe, Os Resentidos, Os Diplomáticos de Monte-Alto, Papaqueixos, Rastreros, Xenreira, Os Skornabois, Os rastreros, Os impresentables, Túzaros, La Polla records e os reaparecidos Heredeiros da Crus entre outro moitos.


Estes grupos xunto con escritores, pintores e demais astistas daquela época que estaban comprometidos con o Bravú tiveron como medio de difusión dos seus ideais e as súas reivindicación a revista "Bravu" que contaba cun número moi reducido de páxinas, ta só 16


Pero sen dúbida o medio de difusión máis importante do Bravú foi o Xabarin Club, no que sairon a maioría dos grupos bravús.


Neste movemento tivo unha especial importancia o concerto celebrado en Chantada no 94 na 2º edición do "Castañazo Rock". Aquel concerto foi, como quen di, unha festa entre amigos que tiñan grupos, pero o increible é que moitos destos grupos non sabían da existencia doutros e que este movemento foise creando en moitos lugares de Galicia a vez.
Na actualidade este "festival" de música vai pola súa 9º edición.






A compòsición destes grupo ia dende as guitarras eléctricas, pasando pola gaitas ou cellos e chegando os acordeóns. O sonido do conxunto adoitaba ser enxebre e pouco coidado; os medios económicos eran baixos e os intrumento musicais barateiros.


Este rock podería definirse dende o meu punto de vista  como un "Rock made in Galiza". Na actualidade a realidade deste movemento é clara, está morto,ou inconsciente polo menos, xa que só quedan dous grupos en activo (Ruxe Ruxe e Heredeiros da Crus)


Para rematar que mellor que un pouco de música!











martes, 20 de marzo de 2012

Qué son os anos escuros?

Os anos escuros son unha época da historia na que Galicia "desaparece" do mapa. Durante esta época os Reis Católicos chegarón ó poder e a súa forza represora notouse ao instante. Os Reis Católicos, centralizaron o Estado e prohibiron o galego. Non comformes con isto quitaron a toda a nobreza galega e a substituiron por nobreza foránea e, lóxicamente estas persoas viñan falando castelán, en consecuencia de que as persoas que tiñan o poder falasen o castelán o galego pasou a ser unha lingua para as clases baixas e, penso que de está época ven o prexuizo de que os galegos son brutos e bastos, só por falar noutra lingua. Por iso o galego pasou por unha grande crise na que non se conta con literatura no idioma, a pesar que galicia fora o lugar dos intelectuais e un lugar de prestixio en tempos anteriores.
Nesta época as clases só se podian impartir en castelán.
Ademais disto Galicia non contaba con representación nas cortes e, como é lóxico isto impide reivindicar e protestar polo que nos faltaba e perde a autonomia.
Os Reis Católicos, crearon a Inquisición, polo tanto se alguén mostraba algunha protesta ou se "iba da lingua" o camiño que lle quedaba era a forca.

Galicia tiña unha importante plantación de olivos, pero como non era de esperar os Reis Católicos mandaron talalos co fin de beneficiar ás zonas do Sur. Co cal, tamén nos deixaron sen os nosos olivos, que por certo, son dunha variedade única. Na actualidade temos aceite galego como o da marca Abril, pero cabe preguntarse: se non se houbesen talados los olivos Galicia sería unha terra con tradición oliveira? moi probablemente a resposta sexa afirmativa, pero iso é algo que nunca poderemos saber.

 




Con todo, estes non son os únicos problemas que tiña a Galicia daquela época, ademais de iso, Galicia non recibía ningunha prata da que chegaba procedente das colonias Americanas, isto sucedeu porque en Galicia non habia portos. Todo a prata era desembarcada en Sevilla e pasaba por toda a Peninsula.
Non só era a vía mariña a que non estaba comunicada con Galicia. Mentres que toda a península estaba amplamente comunicada de forma radial con Madrid, Galicia so tiña unha via de comunicación que, despois de todo o dito anteriormente non habería que botar moita imaxinación para poder saber como sería o seu estado. Hay que dicir que isto cambiou no S XVIII xa que Ferrol convertíuse nunha das principales ciudades de España debido os seu asteleiros, nos que se destinaba unha gran parte dos fondo estatais para a defensa, e de aquela si que fixeron unha boa comunicación con Madrid por si acaso atacaban Ferrol e ia que ir a rescatala.

Galicia estaba tan separada do mundo que no annus horribilis (1640) houbo moitas revoltas separatistas en Portugal, Cataluña, Pais Vasco, Aragón...etc pero Galicia? Pois ben, en Galicia non pasou nada, os anos foron tan escuros que nin sequera vimos os movementos que habia moi cerca de nós.

Podemos ver pois, que Galicia foi un territorio completamente marxinado de España, que so interesaba para que a peninsula abultase mais. 
Na actualidade a situación galega cambiou pero, algúns dicen de nós que seguemos a ser "Gañáns, Brutos..." e a verdade e que eu penso que unha persoa que non sabe respectar as demais culturas e as marxina polo seu idioma o modo de vida non é que de dicir esas cousas.

O Padre Sarmiento.

Esté importante persoeiro galego naceu en Vilafranca do Bierzo no 1695 pero poco despois do seu nacemento él e a súa familia mudáronse ao Pazo de Santa Margarida en Pontevedra. Cursou estudos primarios no convento de Lérez e, despois estudou no colexio da Compañia de Xesús.

 

O Pai Sarmiento estudou Artes e Filosofía e posteriormente Teoloxía en Salamanca.

Por qué o Pai Sarmiento é unha persoa tan coñecida e tan influinte?
Pois ben, o Pai Sarmiento tivo moita influencia porque realixou unha importante labor lingüistica reivindicando o galego. Anotou tamén moitos topónimos e palabras galegos, que logo plasmou en libros sobre botánica. O propio pai Sarmiento conta que cando era neno os outros nenos ríanse del por falar en galego, quizais ese sea o motivo do seu compromiso coa nosa lingua galega.

A parte disto Frai Martin Sarmiento, tivo moitas outras facetas por iso foi un dos principais Ilustragos Galegos.

O meu parecer Sarmiento foi unha persoa muy avanzada ó seu tempo: interesábase pola lingua galega, a cultura...etc na actualidade a Igrexa non é partidaría do galego, hay moitos prexuizos e na actualidade a inmensa maioría non se preocupan por cuestións que este home, na súa época, se preocupaba. 
Hay que darse conta que viviu nos séculos escuros galegos e que non é dificil entender que, seguramente, case a totalidade da xente non entendía o que facía, e dicir, por qué este home se preocupaba por o galego?.
Por todo isto pareceme que Sarmiento non só foi un home culto e innovador da súa época, se non que foi un valente que loitou polo que creia e era fiel os seus pensamentos.

lunes, 19 de marzo de 2012

Caderno de bitácora do Corbett. A viaxe a Ferrol

2/8/1800


Son James Eagle, son inglés e son capitán do navío Corbett. A nosa vida era moi tranquila ata que fai unha semana o contraalmirante John Borlase Warren mandóume un mariñeiro para que me dera a noticia de que o día terceiro de este mismo mes tería que preparar ó meu escuadrón para sair cara as costas no norte de España, concretamente hacia a cidade de Ferrol. Que é un lugar moi peculiar, é un regalo da natureza xa que é unha enorme enseada ideal para refuxiarse dos ataques e das tormentas.
A nosa misión consistirá en atacar a cidade e destruir o asteleiro que se encontra nela, pero non será unha misión facil, a cidade a parte da enseada está protexida por tres castelos que teremos que derribar.



Os meus marines está ultimando os preparatorios do navío; levando as provisión, tendremos que levar comida suficiente para os 250 homes que mañá se embarcarán no buque. Tamén hay que levar madeira e munición suficientes para os 72 cañóns do barco.
Os nervios non se poden disimular, pero con un bo vento do noroeste e un dia con néboa poderémos asediar e conquistar esa cidade.
Mañá embarcaremosnos ás 12 da mañá, esperemos que o viaxe sexa tranquilo e que deus nos axude.



3/8/1800



Hoxe é o dia do embarco, no porto pódense ver 100 barcos dos cales 20 son de guerra e outros 80 de transporte entre todos eles viaxarán 15000 homes preparadas para dar as súas vidas pola súa patria.
O día é despexado e vai unha boa temperatura. Pódese ver ós mariñeiros despedíndose das súas familias, mulleres chorando e nenos con caras pálidas e incrédulas ante tal panorama.



Cando os mariñeiros subiron os buques o xeneral Pulteney deu á orde de partir e as nosas velas despregáronse coma rayos. Pouco a pouco ibanse difuminando as costas inglesas e nos adentrábamos mar a dentro.



4/8/1800



Na primeira noite todo foi ben, tuvimos algun percance xa que o buque Walter rompeu a vela maior e tivemos que axudarlle a reparala.
Hoxe ó dia segue a ser bo pero aquí en mar a dentro vai mais frio que na costa.
Realmente a visión de todos os navios navegando a par é escalofriante, xamais tiña visto algo semellante de feito o noso, un dos mas grandes, parece insignificante no conxunto de todos eles.
Agora marcho ó timón do barco porque temos que virar 15 graos o estribor para enderezar a espedición cara ó obxectivo.



5/8/1800
No dia pasado un buque con un comandante pouco experimentado rozou co noso casco e produxo unha pequena fisura que inundou o almacén das patacas e tivemos que reparalo pero agora as patacas estan inservibles e o contraalmirante John Borlase ordeou que o comandante de ese nave nos dera parte das súas provisións para poder afrontar a viaxe. Agora a fuga xa está reparada e os homes traballaron toda a tarde intentando quitar toda a auga.
Son as 12 da noite e os mariñeiros beben ron e xogan as cartas mentres que falan de mulleres e riense do comandante do barco que nos chocou.
···
10/8/1800
O cansancio da viaxe fai mella na tripulación. Dous dos meus enfermaron por comer patacas podridas e agora non poden facer o seu traballo, esperemos que non morran, non quero perder o diñeiro que me custou contratalos.
Levamos 3 dias indo na primeira liña da flota, o barco de estribor é o Charles Brown unha fermosa Fragata de 4 paos e 42 cañóns da que me fixen amigo do sue comandante chamado como o propio navío, pois este é un dos mais importantes comandantes ingles.
···
13/8/1800
Quédanos 12 largos dias para chegar ó noso destino, pero os nervios acentúanse maís con o paso de cada día.
As naves viaxan todas á par, pero onte unha tivo un percance. Un home resbaluo e tirou unha botella de ron e a súa pipa pola cubierta o que produxo un pequeño incendio que apagaron rápidamente con agua de mar. Ese soldado foi castigado sendo atado un dia enteiro o bauprés.



14/8/1800
A noite pasada houbo unha gran tormenta que fixo algúns dstrozos nalgún barco pero, non houbo que lamentar ningunha morte.
No noso barco rachou a vela mayor pero os homes puxéronlle un parche con unha tela e ahora volvemos a ir á velocidade do raio.
A tormenta amainou esta mañá pero ainda sege a chover, rezaré para que esta noite non volva a haber tormenta, os marines non poderían aguantala, teñen que durmir algo.



···
19/8/1800
A viaxe faise pesada, incluso eu estou canso xa de comer patacas, a miña carne acabouse e so quedan patacas e pan. Dentro de 6 dias chegaremos o noso destino.
O vento amainou estes ultimos días pero debido a tormenta anterior avanzamos rapidamente por iso, seguramente, cheguemos no plazo previsto.



24/8/1800
Hoxe é o ultimo dia de navegación, xa puidemos observar a costa galega o horizonte. A tripulación está calada, nerviosa, xa non se ven as festas e non se escoitan os berros de que noites anteriores eran o baixo continuo da noite.
Agora todos nos planteamos que pasará. Non hai néboa, fai bo dia o vento está cambiando lixeiramente a nodés e vai algo de frío.
Os mariñeiros limpan as súas espedas e trabucos. Mesmo o cociñeiro limpa o seu coitelo por si acaso.



O plan para maña será intentar entrar todos en fila pola Ria e consegui derruir os 3 castellos. O meu barco encargaráse de dirixir a 5 navíos para destruir o castelo de San Felipe. Este é un castelo moy bo defendido según contan outros comandantes que viron os seus planos e, que entre os tres, crean unha barreira case infranqueable. Confiemos na mariña inglesa, esos Ferrolanos non poden ser para tanto.



25/8/1800
Hoxe é o día. O primeiro que fixemos foi cambiar as nosas bandeiras polas francesas co fin de que crésen que éramos aliados e non enimigos.
Despois soltamos todas as velas e nos introducimos pola Ria de Ferrol. O españois pronto se deron conta de que non éramos franceses e a súa ofensiva non tardou en chegar. Tan pronto nos puxemos a tiro dispararon os cañóns dende os 3 castelos e un barco tardou poco en hundirse. O noso casco sufriu danos e 2 horas despois decidimos retroceder e internarnos pola costa norte, en Doniños e San Xurxo.
Unha vez chegamos a Doniños soltamos o ancla e desembarcamos cos botes. Chegamos á praia, e avanzamos polo dous lados dun lago que había pouco despois da praia.
O anoitecer chegamos a un lugar chamado Brion e ali encontramos a resistencia inglesa, pero o xeneral o xeneral Pulteney ordeou que non nos podriamos quedar en Brión xa que era un lugar perigoso para acampar.



26/8/1800
O amencer intentamos tomar Ferrol indo por Valón pero a ofensiva dos españois foi moi dura, non eran tantos homes en número coma nós pero, mandaron escuadróns dende Mugardos, e Xubia.
Tivemos o problema de non coñecer ben o terreno.
Houbo moitas baixas do meu escuadrón, dos 250 homes só quedaban 47, e algúns estaban heridos e non podían continuar.
Finalmente retirámonos os nosas naves as 11 da mañá e as 2 da tarde xa estábamos subindo os botes.
A misión, era dificil, pero con ese número de mariñeiros realmente parecíanos unha tarefa facil, que ó final non resultou ser asi. Íbamosnos rendidos, desmoronados. Eran moitas vidas perdidas, sobre todo do meu barco. Graza a deus en xeneral non morreron tantos, de 15000 volveron 13856 para as súas casas, pero o fracaso era absoluto, non habiamos conseguido nada. Para o único que serviu a expedición foi para gastar diñeiro e vidas humanas.
Teño que tomarme un descanso e pensar se son quen de volver a sair á mar. Os Ferroláns son moito mais valentes e fortes do que pensábamos.

domingo, 18 de marzo de 2012

Antonio de Puga.

A verdade e que eu non sei moito de pintura, pero sempre que penso en pintores penso en Velazquez, Goya, Vermeer... etc.O outro dia ensináronme unha pintura dun pintor Galego, ate aquí todo ben, o que pasa e que é un pintor barroco nacido no ano 1602 en Ourense e eu, sinceramente, nin se quera me soaba o seu nome, Antonio de Puga. Éste pintor morreu no ano 1648, polo tanto viviu ata  os 46 anos, pero a súa obra non é demasiado extensa.


As súas pinturas estan distribuidas dunha forma moi desigual, por unha banda algunhas estan aqui en Galicia como "Anciana" que encóntrase no Museo de Pontevedra.

E outras encóntranse en importantes museos internacionais como no Bowes Museum como "San Jerónimo Penitente"


File:Puga-san jeronimo.jpg 

Cando vin estas pinturas pensei "isto poderíao facelo Velázquez" quizais algún entendido podería explicarme se hai moitas deferenzas entre un velázquez e un puga.

Precisamente porque non o coñecía penso que as veces os galegos non sabemos reivindicar o noso, o que tenemos propio e por iso non nos damos acoñecer


miércoles, 15 de febrero de 2012

Fernándo Gómez, o campesiño.

Ano 967. Fernándo Gómez, campesiño, pobre, pai e marido, vasalo. Como cada mañá, co canto do galo espértase para traballar as terras, esas cosechas polas que terá que dar ao seu señor un porcentaxe que lle deixará sen o necesario para vivir dignamente pero, que campesiño era digno? Deus decidiu que el nacera campesiño e non señor e como bo cristián ten que aceptar o seu designio e cumprir coa función outorgada.
 Levántase e prepárase para un longo día de traballo mentres que a muller encárgase das tareas do fogar e das comidas, do gando e da horta e as nenas a axudan. Unha familia, unha familia á que non pode alimentar, unha familia que representa máis unha carga que outra cousa. Carga sobretodo porque non ten fillos, e as fillas so supón unha preocupación máis e, se quere librarse delas, a dote é fundamental. Pero que dote? É pobre, e pobre seguira sindo.
Mañá tras mañá Fernando pensa nisto, e vai a traballar.
No campo, minuto tras minuto, hora tras hora, traballa. Traballa para obter unhas pésimas cosechas polo desatinado tempo. Así pasa Fernando os días, as semás e os anos.
Unha mañana calquera, levántase e a muller está aínda na cama. Odiaa, que se cree que é? El tamén esta farto de día tras día deslombarse para mantela a ella e ás fillas. Entón dase conta de que tampouco ás fillas prepararan nada, seguen sen levantarse, por riba de que non para de preocuparse pola súa dote para conseguir casalas e manter o honor da familia! Por riba de que todo o que fai faino por elas! E ningunha preparáralle nin sequera algo que comer antes de ir ao martirio do traballo. Váise, váise desexándolles o peor a cada unha daquelas desagradecidas.
E outra vez no campo traballa toda a mañá e tarde para non obter nada. Para chegar a casa durmir e volver levantarse para traballar o campo. E con eses pensamentos, con cada movemento que fai, con cada tirón muscular debido ao esforzo, con cada gota de súor que resbala polo seu corpo, acumula o enfado iniciado co día.
Chega a noite e con ela a fin da xornada. E con ese enfado acumulado Fernándo chega á casa onde espera un prato que o amanse. Pero non hai ninguén que o reciba. Non hai ningún prato que o calme. Vai o dormitorio desboucado e encontra á muller durmindo. Durmido! Mentres el traballaba. E o enfado vai a peor, porque sabe que as fillas tamén están durmindo. Nise instante decide que se o seu traballo non recibirá recompensa nin sequera na propia casa cobraráo el mesmo. Entón busca o acumulado para a dote das fillas e opta por cear fora e, xa que a muller dorme, buscará xunto coa cena otra muller que o satisfaga.
Vaise vaise e encontra o primeiro sitio onde cear e conseguir aquilo que busca tan desenfreadamente, empuxado polo enfado e a ira que contaminan cada idea que se lle pasa pola cabeza.
E bebe. Come, bebe e disfruta. Peca.
Pasa a noite fora e despois non volve pola casa. Non quere afrontar o que fixo, a desgraza que causará na casa ao dicir que as dotes convertéronse en vicio. Tampouco quere chegar, ver que aínda están na cama, ver todo desatendido e volver a traballar coa ira do día anterior.
E repítese o esquema de día tras día traballando. Volve a casa. Arrepentido e a vez non tanto. Non rexeita haber disfrutado unha noite da súa vida xa predestinada polo Señor.
Unha vez entra encontráas nas camas, pero xa non lle importa, e como aínda quedálle parte das dotes volve a disfrutar da noite e dos praceres que únicamente os señores coñecen. Entón pensa e da gracias por ter unha familia tan desagradecida que lle permita disfrutar asi sen rexeitamentos. Todo o sufrimento acumulado escapa nesas noites.
Pero unha vez sereno na mañá, onde tanto tempo traballando tamén da moito tempo no que cavilar, decátase que non é normal o comportamento na súa casa. Que a muller e as fillas sempre responderan ás súas obrigas e demandas. E daquela o arrepentimento aparece más forte do que nunca aparecera na vida de Fernando. E segue traballando, máis duro que nunca, máis horas e máis constantemente do que o fixera na vida, tentando redimirse.
Entón non quere voltar á casa, pero sabe que así ten que ser. E regresa, pensando unha e outra vez en porque non se decatara da anormalidade do comportamento e non se preocupara por ellas. Pero sabía a resposta, necesitaba unha excusa para non facer o que debía, para deixalo todo e disfrutar unhas horas.
Con esa idea na cabeza chega a casa e abre a porta. Decide acurdir a ver a súa muller primeiro e acércase. Entón atópase cun corpo branco e frío, coa morte. E nesa noite atópase dúas veces máis ao acercarse ás súas fillas. A morte con nome de peste. A morte presente en todas partes e que el non quixera vez.
Entón xa non as odia a ellas. Odiase a si mesmo por comportarse así cando no foro interno sabíao de primeira man. Cando sabía que a morte acechaba en cada recuncho do lugar que habitaban. E pensa en morrer, en quitarse a vida. Entón tamén dase conta que non pode facelo, é a ofensa máis grande a Deus, quitarse a vida que el lle outorgou. Intentar ter o control da vida propia era impensable.
Daquela decide tumbarse xunto á peste, tumbarse xunto a ella e esperar que o atrape tamén aínda que polos pecados cometidos teña que pasar polo purgatorio. E pasan os días, e Fernando segue sen morrer, segue esperando. E así seguira, porque ese non e o camiño que Deus lle ten preparado.

martes, 14 de febrero de 2012

A comida galega na Idade Meia

Moitas veces pensamos, que ó haber pasado tantos anos entre a Idade Media e os nosos tempos as nosas tradicións, cultura, gastronomia...etc cambiaron moito; pero, no tocante á gastronomía, polo menos non é asi.


Na actualidade encántanos ir a unha feria e comernos un bó polvo á feira (de ahi a Festa do Polvo do Carballiño,) con o noso pan de Cea, tomarnos na casa un caldiño de grelos, un cocido ou unha carne ó caldeiro...etc.


No medievo a situación non era moi diferente, de feito era moi similar:


O polvo á feira foi "inventado" polos monxes do Mosterio Cisterciense de Santa María a Real de Oseira, xa que recibian como pago das rendas polvo seco e é loxico pensar, que habendo aceite galego naquela época, utilizasen o propio aceite do país e quizais, en lugar de pimentón usaban outra especie.






Este monsteiro, non só inventou a forma mais popular de elaborar o polvo, ademais, tivo un grande papel na elaboración do pan de Cea, xa que este mosteiro practicou dende sempre a molienda e a panificación.








É salientable tamén o papel da castaña na dieta galega. En Galicia hai abundancia de castaños. Naquela época a pataca ainda non habia chegado, dado que esta chegou de América, e polo tanto o suplemento de hidratos de carbono eran as castañas. Pódense ver construccións con o fin de almacenar as castañas nas Fragas do Eume, preto do mosteiro de Caaveiro. Son unhas construccións e forma circular, por dicilo dalgunha maneira como unha casa castrexa pero mais pequena.


Quizais o alimento Galego que mais destaca é o nabo. O nabo, é unha raiz carnosa, dela sae, primeiramente, a nabiza e despois o grelo, de ahi que sexa fácil intuir que, con moita posibilidade, puidese facerse o caldo. O consumo abusivo de grelos soia causar bocio, unha enfermidae que afecta á glandula da Tiroides e que foi moi frecuente en galicia ata mediados do século XX 


En canto a bebida, o viño xa se facia na epoca dos romanos, destaca o Ribeiro o Alvariño e o Amandi, en miotas ocasións o viño era o pago que facian os campesiños a nobreza e a igrexa polo "aluger" das terras de cultivo, e tamén o facian os provios curas. Este viño na actualidade segue a ser un dos principais manxares a nosa terra.


Podemos deducir, con certeza, que na actualidade a gastronomía galega, a pesar de seren recetas sencillas, seguen a ser duradeiras no tempos e de calidade.